Durante as próximas semanas colocaremos no panel que está na entrada do edificio de Secundaria un poema e unha pregunta relacionada co mesmo.
A finalidade principal desta actividade é que leades cada un dos poemas e gocedes da súa lectura.
Sen embargo, non so queremos que leades esta peculiar antoloxía de poemas. Tamén queremos que participedes nun sinxelo concurso que consistirá en responder a cada unha das preguntas, relacionada con cada un dos poemas, que vos vaiamos facendo ao longo das semanas que dure o concurso.
Cada alumno/a que se apunte ao concurso e responda a un mínimo de preguntas levará un pequeno agasallo. Tamén haberá tres premios para as persoas que teñan máis acertos.
Para poder participar neste concurso so é necesario que vos anotedes na Biblioteca do Centro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario